Xa chega a Semana Santa carnotá e con ela a VI CARREIRA VIKINGA, o trail que xa leva seis anos celebrándose e que este ano é o domingo 1 de abril.

A saída será diante da casa do concello e vai dirixida a todos/as os/as corredores/as dende os 4 anos, xa que haberá tres categorías.

A partir dos 16 anos, os corredores que lle guste o deporte e a montaña poderán percorrer 19 kms nunha paraxe natural incomparable polos montes de Carnota, de pasos por cortafogos ou por fervenzas. Este ano como novidade, inclúese a categoría M50, e subirán ó pódium os/as 3 primeiros/as clasficados/as xunto coa categoría sénior.

A saída será ás 10:30 e a recollida dos dorsais será na casa do concello e estará aberta dende as 09:00 da mañán. Alí mesmo tamén se pode dispor de un servizo de gardarroupa.

Un vez que as categorías superiores realicen a súa saída, será o turno dos máis pequenos. Os pitufos percorrerán 300 m, os Cativos I 1km e os  Cativos II 3Km.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo e un avituallamento. Tamén disporán de duchas no pavillón.

Os trofeos ou medallas serán para os/as primeiros/as clasificados/as de cada categoría, para o 1º Carnotán e medallas para todos/as os/as participantes das categorías base.

Xa vos podedes anotar en http://vikinga.galitiming.com/

Autorización pai/nai/titor

Regulamento