O día 29 de Marzo, dentro da programación do Vindemo Ver, o Concello de Carnota organiza a VII RUTA BTT. A proba, cunha dificultade media-alta, conta cunha lonxitude de 37 kilómetros aprox.

A recollida de dorsais farase a partires das 8:30 na casa da Concello e a proba dará comezo ás 10:00 da mañá con saída e chegada no mesmo punto que a recollida de dorsais. A proba contará con servizo de gardaroupa, un avituallamento intermedio e outro ó final. O pavillón, ubicado a excasos metros da chegada, estará a disposición dos corredores tanto para ducharse como para o lavado de bicicletas. Así mesmo entregaráse un agasallo conmemorativo para tódolos participantes.

O prezo da inscrición é de 5 € cun límite de inscritos de 300 participantes. As inscricións poderán realizarse na páxina web  www.galitiming.com, ata o 25 de marzo ou ata alcanzar as prazas. Para máis información está dispoñible o teléfono 981857032 ou no correo electrónico maria.leston@carnota.es

Autorización pai/nai/turor/a

Regulamento