Comprácenos anunciar que o vindeiro venres día 16 de febreiro faremos a presentación oficial da nova campaña de comunicación e promoción turística do Concello: “CARNOTA é túa!”
O evento terá lugar ás 20:00 h no edificio da Lonxa Vella (Portocubelo, Lira), a causa das obras que se están a realizar na sala de plenos do Concello.
Neste acto presentaremos o novo vídeo institucional e turístico de Carnota, a renovación da páxina web oficial, as redes sociais e o material impreso de promoción turística.
Ao evento asistirán o equipo de goberno, o equipo técnico e artístico do vídeo e varios representantes institucionais: Xosé Regueira, deputado de Turismo (Deputación da Coruña), e  Juan José Blanco, presidente do Consorcio de Turismo da Costa da Morte.
Ademais, ao remate, contaremos coa actuación especial de Alonso Caxade, responsable da banda sonora orixinal do vídeo.
Debido ao limitado aforo do espazo pregamoslle que confirme a súa asistencia.