VOLUMINOSOS (MOBLES, COLCHÓNS, ETC)

Durante o mes de FEBREIRO a empresa encargada da retirada mobles, trastos e aparellos voluminosos efectuará a recollida nos direfentes puntos do municipio habilitados para o depósito de lixo, nas seguintes datas:
 Xoves, 01 de febreiro
 Xoves, 15 de febreiro
O depósito débese realizar en calquera dos puntos de recollida do lixo do concello o día antes da data fixada, no serán. Recálcase que antes de depositar os trastos é obrigatorio chamar á empresa concesionaria para comunicar o depósito e facilitar os datos necesarios para a súa retirada.
Teléfonos para efectuar a comunicación: 981 191 240 e/ou 639 107 638

APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS (RAEE) E PEQUENOS CASCALLOS DE OBRA DOMÉSTICA (en sacos de ata 100 kg)   

O Concello dispón dun servizo mensual de recollida a domicilio dos aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e pequenos cascallos de obra doméstica. A recollida efectúase o terceiro xoves de cada mes. As persoas interesadas deben efectuar unha comunicación previa ao Concello para facilitar os datos necesarios co obxecto de que a empresa concesionaria pase polo seu domicilio.
Teléfono para efectuar a comunicación: 981 857032