XXVII Carreira das Areas

Xa está aberto o prazo de inscrición da XXVII Carreira das Areas do Concello de Carnota, a 8º proba incluída no V Circuíto Correndo pola Costa da Morte.

A data elixida este ano é o día 26 de agosto. A meta estará colocada na Praza de Galicia, de onde sairán todas aquelas persoas que desexen participar nesta peculiar proba. Na competición poden participar tanto nenos (dende os 3 anos) como adultos.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata o mércores 22 de agosto ás 23:59 h, e a partir do luns 20 e agosto, aumenta o prezo da inscrición.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.championchipnorte.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:00 h na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.

A recadación das inscricións da proba de 3km irá destinada á Asociación Provincial Contra o Cancro. Todas aquelas persoas que desexen contribuír, sen participar na carreira, poderán facelo inscribíndose no apartado FILA 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com

Autorización

Autorización para a participación de menores

HORARIOS

26 de Agosto de 2018 ás 10:00h
Praza de Galicia, CARNOTA (A CORUÑA)

  • – –FILA 0 (Importe mínimo de 1€)
  • 10:00INFANTIL (Ano 2005-2006), CADETE (Ano 2003-2004) e XUVENIL (Ano 2001-2002)
  • 10:003Km CONTRA O CANCRO (Ano 2002 e anteriores)
  • 10:4510Km (Ano 2002 e anteriores)
  • 12:15BENXAMIN (Ano 2009-2010)
  • 12:15ALEVIN (Ano 2007-2008)
  • 12:30PITUFO (Ano 2011-2015)