Prousos Magos

Tipoloxía: Petróglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Rieiro
Altitude: 260 – 261 m
Descrición do entorno: Monte Baixo de toxos.
Accesibilidade: Doada.

Prousos Magos

Acceso

Situados na Laxe Escrita, continuamos ascendendo pola pista na que nos atopamos. Chegados ao cruce coa Senda Verde, collemos a nosa esquerda. Camiñamos ao longo de 5,3 km. ata un novo cruce onde nos desviaremos á nosa esquerda. A uns 400 metros atópase o noso destino, a estación de Prousos Magos.

Os petróglifos de Prousos Magos están distribuídos en dúas estacións, que pese á proximidade, teñen unhas características moi distintas de emprazamento e composición de gravuras.

 

 

Descrición

A laxe de Prousos Magos, unha laxa de 10 x 4 metros, está situada a ras do chan cunha inclinación similar á da ladeira. Presenta uns gravados con variedade de motivos que van dende unha ducia de paletas, cruciformes, combinacións circulares, trazos serpentiformes, ou coviñas, ata outros motivos difíciles de concretar. Diferente é tamén a profundidade e o ancho do trazo no suco dos gravados. Entre tanta variedade, atópanse tamén algúns gravados, coma as letras, que son de época recente. O mesmo sucedería con algúns dos orixinais que se atopan retocados na actualidade, de aí os trazados do suco.Por riba desta laxe atópase o segundo grupo, moi visible e localizado en tres puntos diferentes. Son fundamentalmente agrupacións de coviñas de diversos tamaños, salvo na pequena cova que forman as rochas, onde atopamos combinacións circulares.

 

Bibliografía

“Gravados rupestres nos montes de Carnota”
José Cernadas Sande.
tresCtres Editores.
Santa Comba (A Coruña) 2008.
TOMO V – CATÁLOGO  PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL – CONCELLO DE CARNOTA  DOCUMENTO PREVIO A LA APROBACIÓN INICIAL EQUIPO REDACTOR: SCQ TAU territorio, arquitectura y urbanismo SLP ABRIL 2013.