Orientación laboral

Obxectivo:

Facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias propias da persoa demandante que lle permitan identificar opcións laborais e elixir entre estas con autonomía, tomar decisións para planificar actuacións en relación co emprego e avaliar os resultados de forma autónoma.

Actividades:

  • Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional.
  • Deseño do itinerario personalizado para o emprego.
  • Deseño, planificación de execución de accións grupais de orientación.
  • Asesoramento e axuda técnica para a definición do seu currículo e a aplicación de técnicas para a procura activa de emprego
  • Información e asesoramento sobre a situación do mercado de traballo, as políticas activas de emprego, a oferta formativa e os programas que faciliten a formación e cualificación europeas.
  • Coordinación e colaboración co resto de persoal de orientación laboral e coa Rede de Técnicos de Emprego de Galicia para o intercambio de información e boas prácticas no eido do emprego, a análise e prospección do mercado laboral.

Contacto:

  • Teléfono:  981 857 032
  • correo-e: francisco.leis@carnota.es