Desenvolvemento local

Nesta área desenvólvense dúas liñas básicas de actividade: implementar políticas activas de emprego no territorio e fomentar a actividade económica aproveitando os recursos locais.

Constitúe así unha ferramenta ao servizo dos emprendedores para:

  • Difundir e promover a cultura emprendedora .

  • Favorecer o desenvolvemento da competitividade das empresas locais.

  • Impulsar e participar na posta en marcha de proxectos de desenvolvemento local que potencien os factores endóxenos e promocionen os recursos, así como actuar sobre o emprego.

  • Intermediar entre as distintas administracións para a tramitación de axudas e subvencións.

  • Promover a economía social (forma parte da Rede Eusumo).

Contacto:

  • Teléfono:  981 857 032 / 672 304 753
  • correo-e: desenvolvemento.local@carnota.es