Axencia de lectura municipal

A Axencia de Lectura Municipal de Carnota, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, conta cun fondo bibliográfico composto duns 12.000 exemplares en diferentes formatos. Está situada no primeiro andar da Casa do Concello e ofrece os seguintes servizos:

 

Lectura e consulta en sala

Dispomos dunha sala xeral, de libre acceso, con 30 postos de lectura e consulta. A maior parte dos fondos da Biblioteca atópanse nesta sala, organizados por seccións e clasificados segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Calquera persoa pode acceder a eles e consultalos na sala de lectura libremente.

Na sala xeral de lectura dispomos dun recanto específico acondicionado para o público infantil, cuxos fondos tamén son de libre acceso.

 

Préstamo a domicilio

Para utilizar este servizo é necesario darse de alta como usuario da biblioteca. A alta como usuario/a é gratuíta e require a presentación do DNI. No caso de menores de idade, a alta debe estar autorizada por unha persoa adulta responsable destes.
Cada usuario/a pode obter en préstamo ata 3 unidades simultaneamente (libros, CD, DVD..), durante un período de 15 días, renovable por outros 15.
Determinados fondos da biblioteca están excluídos do préstamo a domicilio.

 

Dinamización lectora

Ademais das actividades de extensión cultural e fomento da lectura que se desenvolven de forma puntual ao longo de cada ano, a ALM de Carnota ofrece tamén programas estables de animación á lectura.
Venres Lúdicos, é un programa de dinamización lectora na infancia (3-7 anos) que engloba actividades culturais de diversa índole, dirixidas a achegar os nenos e nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico. A actividade desenvólvese as tardes dos venres, durante o curso escolar, e a participación require inscrición previa.

 

Catálogo automatizado

O catálogo automatizado permite coñecer os fondos que integran a colección da biblioteca e a súa localización e dispoñibilidade. O catálogo da ALM de Carnota atópase aloxado da páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia. Acceda ao catálogo premendo nesta ligazón:

Catálogo da ALM de Carnota

 

Servizo de internet e ofimática

A biblioteca dispón wifi e de tres ordenadores de uso público con acceso a internet e ferramentas ofimáticas. O seu uso require un rexistro previo como usuarios na Rede de Bibliotecas de Galicia, que pode efectuarse en liña, a través desta ligazón:

Rexistro de usuarios

Contacto:

  • Teléfono:  981 857 032 / Ext. 1
  • correo-e: luisa.beiro@carnota.es