Proxecto Carnota amiga da infancia

O Concello de Carnota quere escoitar as nenas, nenos e adolescentes para construír unha Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia.
A Concellaría de Igualdade e Diversidade de Carnota está a traballar nun proceso participativo en que a infancia e a adolescencia son as protagonistas. O obxectivo é construírmos o I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia e o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia. Grazas a esta iniciativa incorporaranse os dereitos da infancia a todas as políticas municipais, para así ter sempre en conta a mirada das máis pequenas. Ademais, o Consello Municipal da Infancia e Adolescencia constituirá unha plataforma de participación para as crianzas, a mocidade, a comunidade educativa, o sector asociativo e cultural e o ámbito sanitario.
A día de hoxe, estamos elaborando un estudo participativo sobre a situación deste sector da poboación. Grazas a el identificaremos claves para pensar nun Plan que fixe as prioridades e as necesidades de futuro.

Se queres consultar as nosas novidades, actividades e accións, visita o noso blogue:
Proxecto Carnota amiga da infancia (http://carnotaamigadainfancia.blogspot.com)

E tamén podes descargar aquí o cartaz.