Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Andainas Saudables Concello de Carnota

 

E, como non podía ser doutra maneira, culminamos estas andainas coa subida ao Monte Pindo, o Olimpo Celta. Trátase dunha ruta lineal de ida e volta, curta pero intensa, con inicio e fin na igrexa do Pindo. Durante o percorrido pasaremos por algúns dos elementos máis emblemáticos do Monte Pindo, como o Castelo de San Xurxo ou o Xigante da Mina, e dende o seu cumio, A Moa, a 642 metros de altitude, gozaremos dunhas espectaculares vistas panorámicas do val e da inmensidade da praia de Carnota, do Cabo Fisterra e da Ría de Corcubión.

A saída será ás 10:00 h do día 14 de xaneiro do 2018.

O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 10 de xaneiro de 2018. As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación.

Recoméndase traer roupa de abrigo axeitada para a práctica de sendeirismo, auga e comida.


 

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mer Xov Ven Sab
Feed RSS