Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Bo Nadal

O Concello de Carnota deséxases un bo Nadal e un venturoso 2018.

alt

 

Entrega de premios do XI Concurso de Postais de Nadal do Concello de Carnota

O luns, 18 de decembro, o salón de actos do Concello de Carnota acolleu o acto de entrega de premios do XI Concurso de Postais de Nadal organizado dende a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, no que participou o alumnado de educación infantil e primaria dos centros educativos do municipio.

Resultaron finalistas, nas diferentes categorías do concurso, as postais presentadas polos seguintes alumnos e alumnas:

Educación Infantil: Andrés Cambeiro e Candela Beiro (EEI do Viso).

1º e 2º curso de Primaria: Roi Rico e Ximena Pérez (CEIP do Pindo).

3º e 4º curso de Primaria: Zaira Cernadas (CEIP de Carnota) e Rubén Trillo (CEIP do Pindo).

5º e 6º Curso de Primaria: Noa Castrelo e Laura Fernández (CEIP de Carnota).

De entre as 8 postais finalistas, seleccionouse como postal gañadora do concurso a presentada por Noa Castrelo, que se utilizará como felicitación institucional do Concello de Carnota.

Nesta edición entregáronse, ademais, 4 mencións especiais para premiar os traballos de Lois Agulleiro, Ramón Fernández e Enrique Gómez, do CEIP de Carnota, e Alejandro Escobar, do CEIP do Pindo.

Así mesmo, coma nas edicións anteriores, para pechar o acto sorteáronse 5 agasallos entre o alumnado participante. Nesta ocasión, os afortunados e afortunadas foron Álex Beiro, Sofía Rodríguez, Adrián Brea, Brais Canosa e Adrián Lago.

A Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Belén Campos, foi a encargada de lles entregar os premios aos oito finalistas do concurso, consistentes en cadanseu lote de material didáctico.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mer Xov Ven Sab
Feed RSS