Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Axudas INEGA 2017

Acaban de saír convocadas subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, a implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e hoteleiro, para os anos 2017 e 2018.

Beneficiarios: as empresas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector hoteleiro ou da industria e as empresas de servizos enerxéticos.

Obxecto: a realización de auditorías enerxéticas, a implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e hoteleiro.

Contía da subvención:  será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 200.000 euros por proxecto.

No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas, a intensidade da axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40 %  do custo elixible.

No caso de axudas á elaboración de auditorías enerxéticas, a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible.

Prazo: ata o 6 de xullo de 2017

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Lun Mar Mer Xov
Feed RSS