Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Programación cultural e deportiva no mes de xuño

-1 de xuño, no pavillón de Carnota ás 19:00h: Exhibición das Escolas Deportivas Municipais..

-3 de xuño, na zona das Forcadas : Ruta Celta BTT. Proba de BTT que percorre a comarca e que  pasará polo noso concello (As Forcadas) sobre as 10:00 h.

-9 de xuño, no salón de actos do Concello, ás 20:00h: Presentación da novela Escapados, da autora mazaricá, María del Carmen Rey Núñez. A obra, publicada pola Editorial Toxosoutos, está ambientada no monte Pindo nos tempos da Guerra Civil.

 

-Do 06 ao 22 de xuño, no departamento de Igualdade: prazo de inscrición para o campamento Aldea de Verán 2017 (adicado a nenos/as de 3 a 12 anos), para os meses de xullo e agosto.

-16 de xuño, no salón de actos do Concello, ás 19:30 h: Presentación do libro Um longo acordar, de Artur Alonso Novelhe.

-16 de xuño, na Praza de San Gregorio, ás 21:00 h: Proxección para público familiar  da película “Soño dunha noite de San Xoán”. Deseguido, sobre as 22:15 h, charla sobre a película da man do seu director, Manolo Gómez, e Suso Cubeiro.

-21 de xuño, no Porto do Pindo, ás 19:00 h: Festival fin de curso da Escola Municipal de Música.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Lun Mar Mer Xov
Feed RSS