Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Maio, Mes das Letras: programación cultural das Letras Galegas 2017

mesdasletras

O Concello de Carnota presenta a programación cultural artellada para o mes de maio, arredor da celebración do Día das Letras Galegas. O programa aglutina un conxunto de actividades concibidas para promover o uso da lingua galega e a súa valoración positiva, e achegar a veciñanza ao mundo do libro e da lectura dende unha perspectiva lúdica.

CO GALEGO PERCORRO O MUNDO ENTEIRO| Camiñadas pola lingua.

Andainas reivindicativas co alumnado do CEIP de Carnota e do CEIP do Pindo polos sendeiros costeiros que discorren entre Lira e Lariño.

Luciremos cadansúa camisola deseñada para a ocasión e remataremos no Faro de Lariño coa lectura pública dun manifesto a prol da lingua galega.

15 e 16 de maio |actividade concertada cos centros educativos

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS| Migallas Teatro

Sesión de contacontos dirixida a familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos, que conxuga música, literatura infantil e tradición oral.

16 de maio | 17:30 h |Salón de actos do Concello

Máximo 25 nenos/as acompañados de unha ou dúas persoas adultas (inscrición previa)

CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA| Videofórum

Proxección do documental Crónicas da represión lingüística, dirixido por Xan Leira e producido por Acuarela Comunicación, e debate posterior.

19 de maio | 20:00 h |Casa da Mariñeira

Entrada libre ata completar o aforo do local

OS FÍOS DO QUERER| Cé Orquestra Pantasma

Espectáculo musical  para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Tecendo coas agullas máxicas do amor, foi medrando Os fíos do querer, envoltorio agarimoso dun home orquestra para xogar, cantar e bailar cos nenos e coas nenas de colo.

26 de maio | 17:30 h |Salón de actos do Concello

Máximo 40 nenos/as acompañados de unha ou dúas persoas adultas (inscrición previa)

PALMA REPALMA| Pavís Pavós

Actividade para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos, que recupera contos, cantos, xogos e arrolos da tradición oral.

30 de maio | 17:30 h |Salón de actos do Concello

Máximo 25 nenos/as acompañados de unha ou dúas persoas adultas (inscrición previa)

Para as actividades que requiren inscrición previa cómpre anotarse no Servizo de Normalización Lingüística antes do 15 de maio (Tel. 981 106 331 / 981 857 032)

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Dom Lun Mar Mer
Feed RSS