Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Ler na Rúa: lecturas ao aire libre para celebrar o Día do Libro

ler_na_ruaO 23 de abril é o Día Internacional do Libro, mais en Carnota ímolo celebrar o venres 21 de abril, coa actividade Ler na Rúa, promovida polo CEIP de Carnota, coa colaboración do Concello.

A partir das 10:40 h, o alumnado e o profesorado do CEIP de  Carnota sacarán os libros á rúa para realizar lecturas ao aire libre nos seguintes lugares:

- Praza de San Gregorio: alumnado e profesorado de educación infantil.

- Praza de Galicia (diante do Miramar): alumnado e profesorado de 1º e 2º de primaria.

- Hórreo de Carnota: alumnado e profesorado de 3º e 4º de primaria.

- Adro da Igrexa de Carnota: alumnado e profesorado de 5º e 6º de primaria.

O Concello de Carnota anima a toda a veciñanza a participar activamente nesta iniciativa.  Leremos contos, poemas, receitas de cociña, curiosidades...

Podedes traer as vosas lecturas da casa ou elixilas na Biblioteca Municipal.

Achégádevos e lede connosco!

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mer Xov Ven Sab
Feed RSS