Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Departamento de Servizos Sociais

A Consellería de Política Social publicou a Orde pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.

A prestación económica consiste nun pagamento único de 360 € polo primeiro fillo ou filla, 1200 € polo segundo fillo ou filla e 2400 € polo terceiro fillo ou filla.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres na data do 1 de xaneiro de 2017 (nacidos/as entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017 inclusive) e que non presentaran a declaración do imposto sobre a renda do ano 2015.

O prazo para solicitar as axudas remata o próximo 29 de maio.

Para máis información e para a tramitación das axudas, pode acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Dom Lun Mar Mer
Feed RSS