Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Axudas para o acceso á banda larga ultrarrápida:

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) destinará 1 millón de euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario.  Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Ata o 20 de abril, empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso á banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria  a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de Banda Larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

Os principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 megas e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.

Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta e o esforzo inversor previsto. Valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Para calquera consulta, poden chamar ao Concello de Carnota (981857032 - extensión 2004) ou á AMTEGA   (981545535).

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Dom Lun Mar Mer
Feed RSS