Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

organizamos a VI Ruta BTT e V Carreira Viquinga

Xa está a chegar a Semana Santa e con ela a feira do Víndemo Ver de Carnota; e, dende o Departamento de Deportes, organizamos a VI Ruta BTT e V Carreira Viquinga.

O día elexido para a VI Ruta BTT será o xoves 13 de abril. A meta estará colocada na porta do Concello e a saída está prevista para as 10:30. Será na propia casa do concello onde, a partir das 09:00 horas, se entregarán os dorsais e as camisetas da proba. Haberá un servizo de gardarroupa e un sorteo.

Por primeira vez, imos facer dúas rutas, unha larga de 35km e outra curta de 25km. O track da ruta larga pódese consultar na páxina de wikiloc.

As inscricións efectuaranse na páxina www.carnota.gal e poderanse facer ata o domingo 9 de abril ou ata alcanzar os 300 participantes, nunca o mesmo día da proba. O prezo de cada inscrición será de 5€, sendo gratuíta para os menores de idade.

Conquistaremos os montes de Carnota ca V Carreira Viquinga o sábado 15 de abril ás 10:30 da mañá. Cunha distancia de 18 km para a categoría absoluta, 3km para os Cativos II, 1km para os Cativos I e 300m que percorrerán os pitufos. Os dorsais poderanse recoller na casa do concello dende as 09:00 h e permanecerá aberta ata 15 minutos antes da proba.

As inscricións efectuaranse na páxina de www.galitiming.com e poderanse facer  ata o luns 10 de abril, ou ata alcanzar os 250 participantes. Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo. O prezo da inscrición será de 5€, sendo gratuíta para os menores de idade.

Comentarios  

 
0 #3 Juan Luis Pérez 26-03-2017 19:26
ACito a Diego:
Holaaa moi boas. O enlace para a proba BTT é en Galitiming ou na páxina do concello?? Non encontro o link.


Daniel telo nesta enlace:
http://www.carnota.gal/vindemo-ver
Unha aperta.
Citar
 
 
0 #2 MANU 23-03-2017 18:56
AS DATAS DO CARTEL DA BTT ESTAN ERRADOS,QUIXEN FACER A INSCRICION E DEIME DE CONTA DISO



SEGURO QUE O PASAREMOS TAN BEM COMO O ANO PASADO

SAU2
Citar
 
 
0 #1 Diego 23-03-2017 17:20
Holaaa moi boas. O enlace para a proba BTT é en Galitiming ou na páxina do concello?? Non encontro o link.
Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Lun Mar Mer Xov
Feed RSS