Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Instituto Galego de Promoción Económica : Galicia Rural Emprende

O Instituto Galego de Promoción Económica convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e ao desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, ao crecemento de emprego, á sustentabilidade do medio rural e ao equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Para o efecto de cálculo da subvención a fondo perdido, consideraranse integrados na base subvencionable todos os gastos e/ou investimentos precisos para a posta en marcha do proxecto, nos cales se incorra dentro do período de execución: compra de terreos (máximo 10% dos custos subvencionables), inmobles (máximo 50% dos gastos subvencionables), obra civil, bens de equipo, etc

A axuda varía en función do tipo de inversión que se realice (por exemplo, a compra de terreos só contempla un máximo do 10% de axuda, e a compra de inmobles un máximo do 50%).

A axuda mínima será de 20.000 euros, ata o máximo de 70.000 euros.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 2 de maio de 2017.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Dom Lun Mar Mer
Feed RSS