Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

O Concello de Carnota conmemora o Día Internacional da Lingua Materna e o Día de Rosalía

a_viaxe_rosaliaEsta semana conflúen dúas datas ben significativas para a lingua e a cultura galegas. Hoxe, 21 de febreiro, é o Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola UNESCO no ano 2000 para reivindicar a riqueza que supón a diversidade lingüística e cultural do planeta  e o dereito a vivir na lingua propia. E o próximo venres, 24 de febreiro, é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora nuclear da literatura galega.

No concello de Carnota conmemoraremos ambas as efemérides, mañá, 22 de febreiro, co espectáculo teatral A viaxe de Rosalía, da man de Larraitz Urruzola. Trátase dunha montaxe para o público infantil arredor da traxectoria vital e literaria da autora, que nos achega unha Rosalía feminista, culta, valente e comprometida.

Á función asistirán, en dous pases, as alumnas e os alumnos de educación primaria do CEIP de Carnota, que antes de cada unha das funcións, poñerán voz e ritmo a algúns dos versos máis coñecidos da autora; un recital poético no que a emoción e a ilusión están sobradamente garantidas.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Dom Lun Mar Mer
Feed RSS