Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Actividades para o curso escolar 2016-2017

Dende o Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota informamos de que durante o curso escolar 2016-2017 ofertaremos as seguintes actividades, para as que é preciso realizar unha inscrición previa, dende o 01 ao 16 de setembro, no Rexistro Xeral do Concello:

Escolas Deportivas:

Chega o inverno e con el os obxectivos que nos marcamos ao finalizar o verán, entre eles, empezar a facer deporte! Por iso, ofertamos diferentes actividades, tanto para os máis pequenos coma para os maiores da casa.

Para os/as nenos/as:

Patinaxe (a partir de 4 anos).

Psicomotricidade (de 3 a 6 anos).

Deportes de raqueta (a partir de 6 anos).

Fútbol, todas as categorías (a partir de 4 anos). Moitos/as rapaces xa están inscritos, pero ábrese un segundo prazo de inscrición por se alguén non se apuntou aínda.

Taekwondo (a partir dos 5 anos).

Zumba kids (dous grupos de idades; de 4 a 6 anos e de 7 a 11 anos).

Voleibol (a partir de 4 anos). Por primeira vez no noso concello ofértase esta actividade que será organizada pola Federación Galega. Os horarios e grupos faranse dependendo das inscricións.

Para as persoas adultas:

Actividades dirixidas (ZUMBA, pilates, aeróbic, step, tonificación,etc.).

As clases comezan o día 3 de outubro.

Voleibol, tamén para adultos

Escola de Música:

Nas instalacións do CEIP do Pindo estaremos un ano máis impartindo as clases de música. Ofertamos clases grupais e individuais de Linguaxe Musical, Iniciación Musical, Música para adultos, Combos, Coral, Orquestra Orff, Harmonía e Composición, Coro infantil, Grupo de Música Tradicional e unha gran variedade de instrumentos (guitarra, piano, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, saxofón, clarinete, gaita, pandeireta, percusión, batería, percusión tradicional, frauta, frauta traveseira e canto).

A partir dos 4 anos toda persoa pode apuntarse, aprender e gozar da música.

O curso comeza o luns 3 de outubro de 2016 e a reunión de principio de curso para horarios e demais cuestións será o mércores 28 de setembro, ás 19:30h, no salón de plenos do Concello.

Os prezos son os que marca a ordenanza fiscal correspondente (igual que nos cursos anteriores).

Venres Lúdicos:

Venres Lúdicos é un programa de dinamización lectora dirixido a nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo da educación infantil (3-6 anos) e  no primeiro ciclo da educación primaria (6-8 anos). Engloba actividades culturais de diversa índole (sesións de contacontos e obradoiros variados), orientadas a estimular o hábito lector na infancia e a achegar os nenos e as nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico.

Horario e lugar: os venres, de 16:30 h a 18:30 h, na Axencia de Lectura Municipal.

Ao remate do prazo de inscrición farase unha reunión coas familias para valorar as diferentes posibilidades para que todos/as os/as nenos/as inscritos/as poidan participar na actividade.

A actividade comeza o venres 21 de outubro.

Escola de Teatro:

O curso anterior puxemos en marcha á Escola de Teatro municipal para todas as idades, e visto os bos resultados, volvemos ofertar a actividade.

Os horarios e grupos faranse despois, dependendo das inscricións.

O curso comeza na semana do 3 de outubro de 2016.

FIN DE VERÁN

Pero como colofón deste verán 2016 que está a piques de rematar, despediremos a estación cunha tarde lúdica para todos os públicos. No campo do Viso, o venres 23 de setembro, ao aire libre (se o tempo o permite), de 16:30 – 18:30 Xogos Paporrubio, para gozar cos xogos tradicionais. Logo, unha pequena parada para descansar e merendar (podedes traer a merenda da casa, con bebida e crema solar) e de 19:00 – 20:00 Teatro Ghazafellos con “As mil e unha noites”.

Non a podedes perder!!!

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Ven Sab Dom Lun
Feed RSS