Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

A ESCOLA DE MÚSICA DE CARNOTA PARTICIPA NO FESTIVAL CELEBRADO NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO, PROMOVIDO POLO IES LAMAS DE CASTELO

dsc_0104Onte, luns 4 de abril, ás 19:00 h, celebrouse no salón de actos do Concello o festival promovido polo IES Lamas de Castelo co fin de xuntar cartos para a excursión do alumnado de 4º de ESO, que parte o vindeiro domingo para Berlín. A combinación de música e teatro deu lugar a un espectáculo amplo e variado, no que participaron alumnos e alumnas de todas as idades.

 O público asistente gozou de interpretacións musicais varias, da man do alumnado da ESMU ( nenos solistas, coro infantil, orquestra orff, combos, dúos, cantantes, Pandeireteiras da Solaina, grupo de música tradicional, etc.), así como dunha simpatiquísima obra de teatro interpretada polo alumnado do IES Lamas de Castelo, titulada Dous tolos e unha muller. Foi todo un éxito.

O salón de actos cheo ata os topes, os pais dos alumnos entregados á causa, comprando na cantina e adquirindo rifas para o sorteo dunha cesta; os mestres da ESMU animando o público a que foran partícipes das actuacións musicais; as autoridades (alcalde e tenenta de alcalde), impresionados polo gran nivel e o alumnado dándoo todo.

A escola de música está encantada de participar no desenvolvemento destes festivais, por seren unha oportunidade para demostrar o seu bo funcionamento e os coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado durante todo o ano.

Comentarios  

 
0 #2 PhilipMop 14-04-2017 21:11
http://stemmeries.xyz norsk kasino http://stemmeries.xyz - norsk kasino
Citar
 
 
+1 #1 05-04-2011 11:05
estivo xenial.sodes fantásticos.
Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refescar

Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mer Xov Ven Sab
Feed RSS