Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Carnota inaugura local de ensaio musical e Casa da Xuventude

Venres, 24 Marzo 2017

local_ensaioO Concello de Carnota, coa axuda dunha subvención da Deputación da Coruña, amañou un local municipal que estaba en desuso e sen actividade para unha fin cultural e concreta.

O local, sito en Lamas de Castelo, foi amañado para ser unha CASA DA XUVENTUDE E LOCAL DE ENSAIO PARA GRUPOS E ARTISTAS MUSICAIS MUNICIPAIS.

Este venres 24 de marzo, coa Asociación Gremio de Músicos de Carnota ao frente da organización, farase a inauguración de dito local con churrascada e concertos en Pedrafigueira – Carnota. A cita arrincará ás 20:00h coa churrascada. Haberá un pequeno coloquio no que se explicarán as actividades da asociación así como o funcionamento do local de ensaio. Estarán en directo o guitarrista Carlos Arcay Guitarist, presentando o seu novo traballo Genesis e a banda local URD presentando Liitus. A escola de música municipal tamén pode facer algunha colaboración e incluso celebrarase unha "Jam", para que todo aquel que lle apeteza subir a tocar o poida facer. Para participar na churrascada é necesario confirmar previamente no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O Concello quere que o local sexa para uso e disfrute de todos os grupos e artistas musicais municipais, e para iso, porá en marcha un regulamento de uso que se dará a coñecer en breve.

   

Axudas para o acceso á banda larga ultrarrápida:

Venres, 24 Marzo 2017

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) destinará 1 millón de euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario.  Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Ata o 20 de abril, empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso á banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria  a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de Banda Larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

   

Cursos preparatorios do Celga

Venres, 10 Marzo 2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas Celga, nas modalidades presencial e telemática.

Na modalidade presencial convócanse cursos de diferentes niveis en varios concellos de Galicia, entre eles Cee (Celga 3, do 18/04/2017 ao 07/06/2017, das 18:30 ás 21:00 h, de luns a xoves) e Noia (Celga 2, do 18/04/2017 ao 07/06/2017, das 18:30 ás 21:00 h, de luns a xoves).

Prazo de inscrición: do 9 ao 28 de marzo

Convocatoria de cursos Celga presenciais Ligazón ao DOG

Na modalidade telemática convócanse 2 cursos Celga 1, cunha duración de 8 semanas (17/04/2017- 09/06/2017)

Prazo de inscrición: do 9 ao 23 de marzo

Convocatoria de cursos Celga 1 en liña Ligazón á convocatoria

   

organizamos a VI Ruta BTT e V Carreira Viquinga

Venres, 10 Marzo 2017

Xa está a chegar a Semana Santa e con ela a feira do Víndemo Ver de Carnota; e, dende o Departamento de Deportes, organizamos a VI Ruta BTT e V Carreira Viquinga.

O día elexido para a VI Ruta BTT será o xoves 13 de abril. A meta estará colocada na porta do Concello e a saída está prevista para as 10:30. Será na propia casa do concello onde, a partir das 09:00 horas, se entregarán os dorsais e as camisetas da proba. Haberá un servizo de gardarroupa e un sorteo.

Por primeira vez, imos facer dúas rutas, unha larga de 35km e outra curta de 25km. O track da ruta larga pódese consultar na páxina de wikiloc.

As inscricións efectuaranse na páxina www.carnota.gal e poderanse facer ata o domingo 9 de abril ou ata alcanzar os 300 participantes, nunca o mesmo día da proba. O prezo de cada inscrición será de 5€, sendo gratuíta para os menores de idade.

   
Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Lun Mar Mer Xov
Feed RSS