Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Praias e areais

Os corenta e dous quilómetros de litoral do concello constitúen unha interminable sucesión de fermosas praias e espléndidos areais.

Dende O Pindo ata Lariño contabilízase un total de trinta e tres limpas e acolledoras praias, coa indiscutible beleza da natureza en estado puro.

Praia

 

A Praia de Carnota e As Marismas de Caldebarcos

A praia de Carnota, con forma de media lúa, é un espazo natural de incalculable beleza e de grande interese medioambiental. Tras un inmenso areal duns 7 km de lonxitude, un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior acolle comunidades vexetais e animais de gran interese.


Praia

Para os afeccionados á observación de aves este é un lugar ideal, xa que serve de refuxio a multitude de especies nos seus movementos migratorios e a outras que aquí se asentan durante todo o ano, co engadido de ser un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a píllara papuda. (Charandrius Alexandrinus).

No corazón da praia, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na coñecida como Boca do Río.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a Praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo o boletín de novas rentalia.com, nunha sodaxe na que contaron máis de dúas mil opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.

Poucos lugares poden sentirse máis orgullosos de ter praias de extraordinaria beleza, condicións e dimensións como as de Carnota. Son numerosas, de forma que o visitante pode elixir que areal prefire, dependendo da tranquilidade, os servizos que ofrece ó bañista e a proximidade de diversos atractivos.

As nosas praias constitúen un tesouro natural, por conservaren cun carácter agreste e salvaxe, o que lle confire un especial atractivo para quen busca o contacto coa natureza. Conflúen varios elementos como o benigno do clima, a excepcional calidade da area e as impresionantes paisaxes que compoñen o val de Carnota: a súa praia de 7 kilometros, o seu cordón dunar de dunas móbiles, as Marismas e o Monte Pindo que todo o preside, albergando ademais unha fauna e flora de excepcional riqueza e diversidade.

No litoral destacan diversas praias como:

Praia de A Insuela

Un remanso de tranquilidade preside este areal situado tamén en Caldebarcos.

Praia de A Insuela Quilmas

Praia de Boca do Río

Enclave moi concorrido, con piñerais e paseos peonís que farán as delicias dos visitantes.

Praia de Boca

Praia de Quilmas

Praia do Portiño de Quilmas, un enclave con historia ligada ós amarres normandos e posteriormente ós desembarcos piratas na Idade Medieval.

Praia de Quilmas

Praia de Cancelo Graos

A carón da praia de Mar de Lira, constitúe unha extensión desta, cos mesmos graos de calidade no medio, area e augas.

Praia de Cancelo

Praia de Carnota

Un emblema para o noso concello, destacando pola súa lonxitude e a súa area branca e fina nun medio paisaxístico único.

Praia de Carnota

Praia de Cons

Praia que constitúe un rincón privilexiado, cunha gran calidade da súa area nun medio virxe.

Praia de Cons

Praia de Lariño

A carón do faro, este areal de area fina de case 2 km, mostrase aberto ó Atlántico, sendo un lugar para practicar os mais diversos deportes náuticos.

Praia de Lariño

Praia de Mar de lira

Espazo de extraordinaria beleza, que conta cun areal de 500 metros e destaca pola calidade da súa area.

Praia de Mardelira

Praia de O Pindo

A praia de San Pedro destaca polo seu enclave único ó pé do mítico Monte Pindo. Dende ela poderás ver os Carromeiros e as Lobeiras, co Finisterrae ao fondo.

Praia de O Pindo

Praia de Caldebarcos

Un rincón mariñeiro que destaca polas súas construcións tradicionais a pé de praia.

Praia de Caldebarcos
Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Lun Mar Mer Xov
Feed RSS