Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Historia e Patrimonio

Historia

As terras carnotáns non só poden presumir de paisaxe, senón que tamén contan cun patrimonio cultural amplo e variado, resultado dunha rica historia.

Da época prehistórica, consérvanse varios petroglifos de gran interese, destacando o coñecido como Laxe escrita, descuberto en 1980 por un grupo de escolares. A escultura atópase no lugar chamado "Descansadeiro", ó que se chega collendo unha pista á altura do polideportivo da villa.

Da época celta, destacar a presenza de varios castros. O mellor conservado é o castro de Mallou, que aínda presenta restos das murallas e das antigas vivendas. A actual Lira asentouse sobre os restos de outro castro, conservando incluso a estructura circular na disposición das vivendas.

No cumio de Penafiel, crese que existiu un lugar de culto celta, profanado polo xeneral romano Lucio Sestio, do que colleu nome o ara. Vindo de Penafiel, ó outro lado do cumio de A Moa, no lugar chamado Chan de Lamas, encontráronse restos que se cren pertencentes a un antigo poblamento dedicado á extracción de estaño, que despois venderíase ós fenicios.

Hórreos

Mención especial merecen os hórreos carnotáns, sobre todo dous deles, o de Lira e o de Carnota, que rivalizan en dimensións e monumentalidade.

HorreosEste último,considerado Monumento Nacional, é o hórreo máis grande de Galicia; aínda que o de Lira parece ganarlle nuns centímetros. A súa construcción, completamente en granito, iníciase en 1768 e alcanzou o seu estado actual en 1783. Conta cuns 34,76 metros e vintedous pares de pés e segundo as inscricións débese ó arquitecto Gregorio Quintela, encadrándose dentro do estilo "fisterrán". A súa visita é obrigada, non só pola singulariedade deste monumento, senón porque conforma un excepcional conxunto arquitectónico xunto co palomar, a igrexa de Santa Comba e a casa rectoral.

HorreosO Hórreo de Lira é moi similar en feitura e dimensións, aínda que encóntrase peor conservado. A súa construcción (1779 - 1814) parece indicar a existencia de rivalidades entra as dúas parroquias. Xa non polas súas dimensións, pero si pola súa singulariedade e fermosura, merecen tamén visita os conxuntos de hórreos, como o de Lariño.

Arquitectura Civil


Tamén a austeridade e a utilidade destacan nas construccións de carácter civil: pombais, muíños, casetas de pescadores, etc; todas elas construcións utilitarias que se adaptan ás necesidades da vida do campo e do mar. Eso sí, enmarcadas case sempre por unha paisaxe de excepción.

Arquitectura CivilRespecto ós pombais, todos eles cilíndricos e de cuberta cónica, xeralmente feitos de cachotería e orixinariamente caleados; podemos ver mostras interesantes en Lira, Lariño e Carnota.

Antigamente funcionaron no concello 129 muiños en 23 ríos. Hoxe, moitos deles están en mal estado de conservación. Polo xeral eran de tamaño pequeno. Temos exemplos desta tipoloxía en Pedrafigueira (Carnota), en O Pindo ou Valdebois (San Mamede). Mención aparte merece o muíño de vento de Lariño que ,construído no ano 1914, hoxe atópase moi deteriorado. Está situado nas proximidades de Punta Ínsua, a onde se chega collendo á dereita unha pista que hai vindo de Lariño pola C-550.

 

Arquitectura CivilAs casetas de pescadores, utilizadas para gardar os aparellos, teñen polo xeral forma alongada e sen máis vans que unha ou dúas portas. É en Lira onde podemos atopar os mellores exemplos destas edificacións, ó redor de Portocubelo. En Carnota, no lugar de Boca do Río, hai tamén unha construcción semellante ás mencionadas. Construída a principios de século, usouse como almacén das mercadorías que chegaban por mar, como o sal, polo que acabou chamándoselle caseta do sal.

É en Lira onde podemos encontrar os mellores exemplos destas edificacións, ó redor de Portocubelo.

En Carnota, no lugar de Boca do Río, hai tamén unha construcción semellante ás mencionadas.

Arquitectura CivilConstruída a principios de século, usouse como almacén das mercancias que chegaban polo mar, como o sal, polo que rematouse por chamarse "caseta do sal".

Sinxeleza, funcionalidade e monumentalidade e solidez son adxectivos para definir outras construccións de carácter civil como a Casa de Correos de O Pindo, a Casa do Concello de Carnota, o faro de Punta Ínsua e os hórreos de Lira e Carnota.

A Casa de Correos de O Pindo e a Casa do Concello de Carnota son similares na súa estructura: planta rectangular, de grandes dimensións e de aparencia sólida, realzada pola presenza da pedra, e a penas matizada pola abundancia de vans.

A monumentalidade é tamén a característica principal do Faro de Punta Ínsua. Foi construído en 1920 na Punta do mesmo nome, dende onde a vista é impresionante: a inmensidade do océano dende a Ría de Muros á de Corcubión.


Cruceiros

Cruceiros de CarnotaOs cruceiros das terras de Carnota, ó igual que a súa arquitectura relixiosa, destacan pola súa sinxela beleza. Para mostra o cruceiro de O Campo, de finais do século XVI e situado no lugar de Nóutigos, cun pedestal feito en pedra natural non traballada e un fuste esvelto que sostén unha austera cruz sobre a que destaca a expresividade da imaxe do Cristo. Os demais cruceiros son de similares características, sendo outra mostra interesante o da capilla de San Gregorio, do ano 1600.

Arquitectura Relixiosa

Sinxeleza e austeridade marcan este tipo de construcións nas terras carnotáns; pero non por iso de menor beleza, que se ve resaltada pola extraordinaria paisaxe na que se perfilan.

Arquitectura RelixiosaDestacar primeiro o conxunto arquitectónico que forman a igrexa parroquial de Santa Comba de Carnota, a casa rectoral, o pombal e o famoso hórreo. No referente á igrexa, foi fundada en 1775 baixo o estilo barroco clasicista. A súa estructura mestura a planta de cruz latina coa basilical de tres naves. Dende lonxe destaca xa á súa torre campanario de elevada altura e que se atribúe ó mestre canteiro Carlos Aboy, que a construiría a comezos do século XIX. No seu interior destaca o seu retablo, obra do mestre Ferreiro.

Arquitectura RelixiosaNa parroquia de Santa Comba de Carnota hai tamén unha capela que merece visita, a de San Gregorio, sitúada preto do Concello e que é mostra representativa da sinxela beleza das construcións relixiosas carnotáns. Como así o é tamén a igrexa parroquial de San Mamede de Carnota, fundada no mesmo ano que a de Santa Comba, en 1755. Igualmente de estilo barroco, como se percibe nos motivos da súa torre campanario, presenta unha soa planta de cruz latina. É necesario referirse tamén ó seu retablo maior do século XVIII, obra dos escultores Gambino e Ferreiro.En Lira, a súa igrexa parroquial presenta tamén unha impresionante torre campanario que destaca sobre o resto da estructura. A igrexa data don ano 1760, aínda que fortemente remodelada en 1825.

Sen embargo a xente mariñeira de Lira ten grande devoción pola Virxe dos Remedios, que se venera na capela da Nosa Señora dos Remedios, construída en 1706; uns din que porque alí apareceu a virxe, outros porque os pastores da zona necesitaban dunha capela para oír misa.

Esta mesma devoción teñen os de Lariño a San Martiño, a cuxa advocación está adicada a súa igrexa parroquial.Outra interesante mostra da sinxeleza de liñas e decoración é a igrexa parroquial de O Pindo, que aínda que se data no século XVII, as sucesivas remodelacións deixaron da igrexa orixinaria a penas a sancristia e a fachada.


Guía de Hostelería
Senda Verde
Oficina de Turismo
Directorio Telefónico

O tempo en Carnota

Mer Xov Ven Sab
Feed RSS