Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Punto Limpo

O Punto Limpo atópase situado en LAMAS DE CASTELO - PEDRAFIGUEIRA.

O punto limpo é un recinto pechado e controlado que permite ós cidadáns, DEPOSITAR aqueles desperdicios domésticos, que pola súa natureza deterioran o MEDIO AMBIENTE cando son eliminados cos residuos orgánicos que se xeran nas casas.

Tamén se poden depositar, residuos que polo seu tamaño, ou pola cantidade non son retirados polos servizos de recollida de lixo.

RECORDA:

“NON É UN VERTEDOIRO”

Tan só se admiten residuos que poden ser recollidos nos colectores específicos existentes.

“NON É UN ALMACÉN DE RESIDUOS”

Os residuos son trasladados a outros lugares onde son tratados e reciclados.

“NON XERA OLORES "

Non se depositan residuos orgánicos.

“NON É TÓXICO NIN PERIGOSO”

Os residuos deposítanse en lugares axeitados para iso.

¿ CÓMO UTILIZAR O PUNTO LIMPO?

Á entrada do recinto, un operario informa ós usuarios sobre a forma de realizar o depósito de cada un dos residuos e o procedemento para podelo efectuar; posteriormente accederase a pé ou en coche ata unha plataforma e, ó longo desta, o usuario atopará varios colectores onde, por separado poderá depositar calquera dos residuos que se indican a continuación: Electrodomésticos, restos metálicos do fogar, mobles, plásticos, pilas, papel e cartón, vidro, téxtil, etc.
Algúns residuos teñen regulados o número ou peso máximo.
Feed RSS