Concello de Carnota
Víndemo Ver 2016
Historia e Patrimonio
Praias de Carnota
Situación do Concello
box_festas

Alcaldía

monchonocedaUn pobo acostumado a tecer redes necesita dun espazo para lanzarse a “meirande das redes”. Esta pequena fiestra aberta ó mundo preto do Finisterre é mostra dunha encrucillada de camiños. Nela conflúen pedra, verde e auga, debuxando un paraíso natural esculpido polos deuses; infinitos pendellos de granito que gardan os segredos das colleitas; vestixios dun pobo celta que quixo deixar mensaxes escritos na pedra; especies autóctonas que tapizan a area, conformando un arco da vella de cores que vernizan de vida a ribeira.

A través desta pequena porta, desexamos abrir Carnota ó mundo, invitando ós que están lonxe a achegarse e ós que a poboamos a facela máis nosa. Esta é a razón de ser desta páxina web. Converterse nunha ferramenta de información, difusión e participación capaz de proxectar a Carnota no escenario do século XXI.

O alcalde

Ramón Noceda Caamaño

Feed RSS