A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Sete Fontes”.
Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
O número de alumnos/as traballadores/as será de 20.
Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego.
Especialidades:
- Atención socio-sanitaria a persoas no seu domicilio
- Desenvolveranse accións no eido da atención socio-sanitaria e a intervención psicosocial.
É necesario unha titulación mínima de ESO ou equivalente.
Interpretación e educación ambiental.
Adquisición de habilidades de comunicación sobre o medio ambiente, a interpretación dos seus valores e problemática. Guiar e capacitar as persoas para contribuír a conservación e mellora ambiental. Así mesmo esta especialidade terá asociada un módulo de Información turística Local e Comarcal.
É preciso unha titulación mínima de Bachiller, ciclo medio ou equivalente.
Calquera persoa interesada, inscrita no SPE, pódese informar chamando aos seguintes números:
Concello de Muros: 981826050
Concello de Carnota: 981857217