Xa está á vosa disposición a programación das actividades para o curso 2018-2019. A maiores das actividades que viñamos ofertando, este ano incorporamos algunhas novidades como: ballet, debuxo e creatividade, xadrez infantil e para persoas adultas , club de lectura, debuxo e ilustración, escritura creativa, cinefórum e fotografía.
Non esperes máis e inscríbete no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota.
O prazo de inscrición está aberto dende o 3 ata o 18 de setembro de 2018.
Podes descargar máis información nas seguintes ligazóns:
Máis información no teléfono 981857032. Ext. 4.