Ábrese o prazo para inscribirse nas accións formativas incluídas dentro do Programa de Mellora da Competitividade do Sector Turístico de Costa da Morte 2018, deseñado pola CMAT xunto coa Deputación da Coruña. A partir de setembro impartiranse os seguintes módulos dirixidos ao sector turístico de Costa da Morte:

– Interpretación, márketing e novas tecnoloxías aplicados ao turismo natural e cultural da Costa da Morte.
– Inglés básico aplicado á hostalaría e turismo.
– Inglés medio para informadores e traballadores de museos.
– Márketing e comercialización de actividades de turismo activo e deportivo.
– Mellora da competitividade do sector hostaleiro e turístico en gastronomía local.

Pódense consultar os programas completos e obter máis información na web www.visitacostadamorte.com.

Animámosvos a participar!