O próximo 27 de xullo terá lugar a visita guiada nocturna “Carnota e o seu patrimonio” incluída dentro do programa de visitas guiadas que oferta o Concello de Carnota durante os meses de xullo e agosto. Durante o percorrido os participantes terán a oportunidade de visitar os petróglifos de As Laxiñas, desfrutar do eclipse lunar, das vistas do LIC Praia de Carnota e Monte Pindo así como das vistas dende o Mirador de Lira.

Os interesados/as poden formalizar a inscrición no Departamento de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Carnota ata o 18 de xullo de 2018 ás 14:00 horas.

Para a realización desta ruta cómpre un mínimo de 12 e ún máximo de 35 persoas inscritas.

Máis información no seguinte teléfono: 981857032