Unha vez finalizado o prazo de inscrición para a primeira das visitas guiadas que oferta o concello de Carnota durante a temporada estival, presentamos o cartel da segunda, a subida ao Monte Pindo, unha das rutas máis concorridos do noso concello que ofrece no seu punto máis alto (A Moa) unhas vistas panorámicas da praia de Carnota, da praia do Pindo, da ría de Corcubión e Fisterra.

Esta ruta terá lugar o próximo día 13 de xullo de 2018. A saída será dende a aldea de O Fieiro ás 9:30.

Os interesados en inscribirse, deben facelo antes do 11 de xullo ás 14:00 horas no Departamento de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Carnota.

Podes consultar máis información no cartel ou no seguinte teléfono de contacto: 981857032