O próximo sábado día 7 de xullo terá lugar a presentación do Diario Galego no salón de actos  do Concello de Carnota. Intervirán Ramón Noceda, alcade de Carnota; Mario Maceiras, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural; Emilio Louro, colaborador en medios de comunicación en galego da comarca e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.