Un nutrido número de familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos asistiron este mércores á montaxe Un bico para Alí, conducida por Fabaloba e Luís Prego, que conxuga narración oral, música en directo e xogos infantís. A actividade enmárcase na programación cultural organizada polo Concello de Carnota arredor da celebración das Letras Galegas e no programa Apego (apego.gal) , do que forma parte o Concello de Carnota, concibido para achegarlles ás familias recursos que faciliten a crianza en galego e promover a socialización na nosa lingua dende a primeira infancia.