O vídeo turístico de Carnota, galardoado nos The Golden City Gate Awards, formará parta da Sección Oficial do certame catalán

Despois de resultar premiado nos The Golden City Gate Awards 2018, no marco da Feira ITB de Berlín, o novo audiovisual turístico e institucional do Concello de Carnota formará parte da Sección Oficial do terres – INTERNATIONAL ECO & TRAVEL FILM FESTIVAL. Este certame celébrase anualmente en Tortosa, a vila máis poboada da rexión de Terres de l’Ebre, e ten como obxectivo “reunir producións que incentiven a maxia de viaxar -especialmente o descubrimento de entornos naturais- e que promovan o desenvolvemento sostible”.

Entre os días 2 e 5 de maio de 2018 ‘O Legado’ de Carnota será proxectado en Competición Oficial, onde pode alzarse con algún dos galardóns destinados a comunicación turística. O festival de Terres é o único do Estado que forma parte do CIFFT (Comité Internacional de Festivais de Films Turísticos), e está organizado por Filmsnomades.

FICHA TÉCNICA

‘O Legado’

Sinopse.- Marco, emigrante galego no norte de Europa, regresa a Carnota logo da morte do seu avó. Este deixoulle un testamento no que relata o seu emocionante e sorprendente legado.

Duración.- 6 min.

Autor.- CONCELLO DE CARNOTA (www.carnota.gal)

Produtora.- ABA FILMS (www.abafilms.com)

Dirección e Produción.- Marcos Gallego

Asistentes Dir. & Prod..- Jesús Silva & María Lago

Guión.- Manuel de Lorenzo

Edición.- Jesús Silva & Marcos Gallego

BSO.- Alonso Caxade (www.caxade.gal)

Manuel Espiño (Trombón), Manuel Paino (Trompeta), Alonso Caxade (Piano)

Gravación Música.- Tomás Ageitos (www.apontestudio.com)

Gravación OFF.- Luis Aceituno (www.atrapason.es)

Gravación Aérea.- Lesmes Iglesias & Tino Rey (www.venturi.gal)

Narración / Voz Off VO.- Luis Iglesia

Mestura Son.- Cristina Morquillas

Posprodución Vídeo.- Fernando Alfonsín (www.fernandoalfonsin.com)

Intérpretes.-

Alberto Riveiro (Marco), Nicola Luvie (Ulrika), Ayla Ru Ponsnford (Max)