Xa anunciamos dúas das grandes citas as que todo deportista non pode faltar: a VII Ruta BTT e a VI Carreira Viquinga. Pois hoxe, temos o pracer de convidarvos a unha ANDAINA POLO MUSEO ARQUEOLÓXICO ABERTO.

Levarase a cabo o sábado 31 de marzo e terá a saída na Casa do Concello ás 10:00 h. A distancia será de 13 km aproximadamente, cunha dificultade media. É unha ruta circular que rematará no lugar de partida para gozar da mostra de promoción local.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo e un avituallamento. Tamén disporán de duchas no pavillón.

As inscricións realizaranse enviando un email a deportes@carnota.es ou chamando ó 981857032 Ext. 4.

Esperámosvos a todos para desfrutar dos montes de Carnota e do Museo Aberto.

Descarga aquí o cartel