O novo vídeo turístico e institucional do Concello de Carnota, que leva por título ‘O Legado’, acaba de ser galardonado nos The Golden City Gate Awards 2018 que son considerados os premios audiovisuais máis prestixiosos a nivel mundial dentro da industria do turismo. O premio recolleuno o alcade, Ramón Noceda, durante a Feira Internacional de Turismo de Berlín (ITB).

‘O Legado’, unha produción en versión orixinal galega, recibiu o segundo premio na categoría de rexións. Trátase dun galardón destinado a atraer o turismo internacional á zona. O vídeo ‘The Legacy’, destaca pola forza das súas imaxes e polo seu emotivo mensaxe, que logrou conquistar ao público local e internacional.

Este vídeo estará a vosa disposición na páxina web do concello a partires da vindeiro martes día 13 de marzo.